PROGRAMA

18:30 H. Control de Acceso.
19:00 H. Cóctel de benvida.
21:00 H. Acto de entrega dos premios do CPEIG.
22:00 H. Cea de gala.
00:00 H. Barra libre e actuación musical.

Premios

Premio Iniciativa Emprendedora

O galardón recaeu en Galnix, o primeiro punto neutro de intercambio de tráfico de datos en Galicia. A iniciativa, impulsada polas empresas galegas cloud.gal, Norvoz Telecom e Rede Aberta, busca mellorar o acceso a Internet e fomentar a transformación dixital no tecido empresarial galego, sobre todo en zonas rurais e entre as pemes.

Premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en Informática

O galardón foi para a enxeñeira informática Josefina Alonso pola súa “excelencia e innovación” no sector tecnolóxico. Cunha sólida formación en enxeñaría informático, o CPEIG destaca a súa traxectoria profesional na que liderou proxectos de transformación dixital e promoveu a adopción de metodoloxías áxiles en diversas organizacións.

Premio Traxectoria Profesional

O galardón concédese ao doutor en Informática Luis de Salvador, director da División de Innovación Tecnolóxica da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) desde 2019, polo seu “rigor e visión” no desenvolvemento das orientacións para o uso de servizos tecnolóxicos por parte da sociedade, en especial por menores.

Premio Especial CPEIG

Nesta categoría foi premiada a competición informática máis importante e antiga de España, a Olimpiada Informática Española. O certame, creado en 1997 pola Fundación Aula Escola Europea de Barcelona, pretende achegar a programación algorítmica a idades temperás

Premio Iniciativa Empresarial

Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino

A distinción foi para o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago recibe o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino do CPEIG polo seu Plan de Benestar Dixital. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, fomenta a “promoción eficaz dun uso saudable, seguro e responsable da tecnoloxía”, a través dun enfoque integral da súa comunidade educativa

Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Premio Iniciativa da Administración

O recoñecemento recaeu na Consellería de Sanidade pola súa certificación no alto nivel do Esquema Nacional de Seguridade. É a primeira entidade nacional en obter esta autentificación para todos os seus servizos e en todos os centros sanitarios de Galicia, que garante á cidadanía a protección de datos sensibles e é un exemplo de excelencia na posta en marcha de medidas avanzadas de seguridade dixital .

Premio e-Inclusión

Premio Colaboración Interadministrativa

Premio Colexiada/o de Honra

Premio Traballo Fin de Máster

Premio 17º Aniversario CPEIG

A empresa global de solucións tecnolóxicas Unisys, cunha década apostando polo talento e a innovación en Galicia desde a súa sede de Santiago, foi distinguida co Premio 17 Aniversario do CPEIG. A compañía suma máis de 150 años transformando os negocios e mellorando a vida das persoas a través da tecnoloxía.

Premio Impulso Dixital Galicia

Espazo

O Hotel Oca Puerta del Camino é un aloxamento de catro estrelas situado fronte ao Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na área de negocios da cidade en San Lázaro e a escasos tres quilómetros a pé da Catedral de Santiago. As súas amplas e elegantes instalacións e a súa posición estratéxica na cidade convérteno nun hotel ideal para a celebración de eventos. En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: a terraza para o cóctel e un salón de gran capacidade para a cea de gala.

anoite.gal | Todos los Derechos Reservados
▲ SUBIR